Foto: @solaceseven
Agora, agora, baixa home de degaxada degreta
túa vinda decote nos desatora nos desatristura, nos desbafa.
A abellariza espirra espida a labazada labexeira
e o laido chega lonxe.
O laio chega agora
A libeliña ao ligón da libertade
e a lircha da liorna.
Agora non podemos liscar do lixado
da longa lerme.
Temos os lorchos e queremos lorada.
Vinde con nós ao noso luar
agora que e o espigarzo
que e o tempo de espoliñar.
Hoxe non temos patrón
xa que non temos traballo
Nosa horta e o
teu horto.
Baixa home que e o tempo
de espoliñar a espranza.
Agora, agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario